Cuchi ou Cuchiflainas son eu (Xoana Pousa), e tamén o proxecto autoxestionado que desenvolvo a través da ilustración e a moda. Para min é un espazo onde crear, divertirse e experimentar con técnicas e materiais, é un espazo seguro onde encherse de cor e tamén aceptar os sentimentos e os tempos propios, un espazo onde poder buscarse e atoparse, onde os límites para crear decidoos eu, sen imposicións de xénero nin de estética.

As miñas creacións van dende a autoedición (fanzines) e outros elementos en papel (pegatinas, láminas, postais…), ata a confección de prendas e accesorios (bolsas de tea, parches, camisetas…), destacan as pezas únicas, as prendas de segunda man intervidas e a suprarreciclaxe (“upcycled”). A Industria Textil é a segunda máis contaminante do planeta, polo que trato de crear dende a responsabilidade ecolóxica, empregando material reciclado e orgánico, aínda que dende a autoedición non sempre é sinxelo. Todas as prendas e accesorios son “all gender” (para todos os xéneros), é dicir, non existe o “unisex”, porque non hai só unha forma de vivir e expresar o xénero, senón múltiples e todas merecen ser celebradas. Outro punto importante para min é crear roupa nunha ampla variedade de talles, porque a roupa faise para os corpos e non ao revés.

Algunhas fotos de feira 🚙 💖 🌞