Que é Cuchi?

Cuchi é un proxecto persoal onde desenvolvo o meu interés polo mundo da moda. Traballo con diferentes técnicas e materiais, probando diversos recursos para realizar prendas e accesorios. Empecei serigrafiando camisolas e bordando en retais para facer parches, e máis adiante fixen algúns pendentes reciclando xoguetes. Actualmente combino pequenas tiradas de camisolas e parches en serigrafía e impresión dixital, coa realización de pezas únicas empregando a pintura e a costura. Tamén gosto de probar novas técnicas e disciplinas como a cerámica, a risografía, a aerografía, etc. 

Unha das actividades que máis desfruto de Cuchi é a participación en feiras e eventos creativos, onde podedes atopar as miñas creacións. Tamén teño produtos dispoñibles en Solaina Galería (Lugo), onde ocasionalmente participo en actividades artísticas coma exposicións ou mercadillos.

Todos os dereitos reservados. Web deseñada por Xoana Pousa. 🐞

Política de Privacidade Condicións de compra Política de cookies Aviso Legal