Pano Lady Tomate
Pano da cabeza 100% algodón deseñado e estampado a man na Coruña. Edición limita de 30 unidades. Cada pano está numerado no seu sobre (tamén realizados a man un a un).
Serigrafiado con tintas á auga artesanalmente, cada Lady Tomate está serigrafiada de forma individual, e os tomates e o Cuchiflainas estampados a man un a un con selos. Tanto o pano como o sobre no que vén están cosidos cun fío azul matizado (cambia progresivamente o tono do azul). Como cada pano está creado un a un a man poden ter lixeiras variacións uns de outros, tendo o toque especial da estampación manual que a pesar de reproduccir a mesma imaxe crea pequenas diferenzas facendo única cada peza (por exemplo: grosor dalgunhas liñas, carga de tinta dos tomates, espazo entre estampacións, etc).
Inclúe unha lámina A6 exclusiva de Lady Tomate, un papel coa recomendación de coidados do pano e unha pegatina dun tomate de agasallo.
Coidados:
- Lavar en frío (máx. 30º), cun programa de roupa delicada. Recoméndase tamén poñer o pano nunha bolsa de roupa delicada para a lavadora (bolsas de rede fina para que non roce directamente no tambor a estampación, ou evitar enganches con cremalleras, velcros, ou outras prendas).
- Secar ao aire. Evitar secadora.
- Pranchas cun pano branco liso por riba, que o ferro non toque directamente na tinta.
- Non usar lixivia nin suavizante.
€30.00
Esgotado
Produtos relacionados
-
Bolsa de tea rosa 2
€15.00 -
Pegatina chicle
€2.00 -
Camisa cebolas
€35.00 -
Parche amora
€6.00 Este produto ten múltiples variantes. As opcións pódense elixir na páxina de produto